We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

II

by Arrhythmia

/
  • Streaming + Download

    Descarga Dixital
    Purchasable with gift card

     

  • Edición Digipack
    Compact Disc (CD) + Digital Album

    Album Digipack "II"

    Includes unlimited streaming of II via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.

    Sold Out

1.
Orixe 01:44
2.
Limpádeme ben o chan, a música vai comezar Vou aterrizar, quita de diante!! Son como drogas intanxibles que caen do aire Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante. Non chega o mundo pra voar, subamos ó palco xa tres golpes para despegar. Non vou ser o que debín ser Non vou ver o que queres ver Mírame ben. Vou acender, vai arder Vou esquecer e percorrer Vou vencer. Son como drogas intanxibles que caen do aire Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante. Saltar! Berrar! Andar! Loitar! Son como drogas , son como notas, son como drogas Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante.
3.
Mensaxe 04:13
Cuspe, berra, sarna con gusto presta vivimos tebras, vivimos guerras, non te enteras! Na TVG hai máis coplas que Sés, ou non o ves? ou non o ves? . Tonadilleras e nos seguimos nas trincheiras quen se inventa Resistencias Galegas? O meu avó, o teu avó berrando non, non, non! Silencio é seu cómplice saben ben quen parte Lei de mordaza para quen? saben ben, reparte Que xa o sei, que non o ves, que non me entero inda que o teña diante non quero ver! non quero ler! a túa mensaxe non é importante. Sopa de letras, subliminal, enferma plumas cargadas, balas de tinta nos rodean axeonllar, só pra atar os pés. Ou ti que cres?, ou ti que cres? Cheira a merda, alguén deixou a porta aberta. Non te enteras? Neno aquí apesta O meu avó, o teu avó berrando non, non, non!
4.
Mil xeitos 04:26
Enfrío a ferro teño o demo dentro, fría súor escorre ó meu redor, inundo en ansia por líquido elemento, ningúen nos dixo que isto ía a peor. Sinto un burato roéndome por dentro, non penso a xeito, xa sinto o olor. Que vexan cegos este afundimento, entrégome en corpo e alma á súa dor. Como, como atopar mil xeitos de perder a cabeza ¡Non, non! Vencer e naufragar, e xurar que mañán hei xurar. Cando deixei eu de mandar, cando perdin as ganas de soñar. Cando esquecín? Canto esquecín? para voltar ó principio eu fun ó fin. Cando deixei eu de remar, cando perdin as ganas de voar. Cando esquecín, canto esquecín, canto esquecín? Como, como atopar mil xeitos de perder a cabeza ¡Non, non! Vencer e naufragar, e xurar que mañán hei xurar.
5.
Xogadas en papel non! Escritas de antemán saben a mel, saben a mal. Se non che gusta bótalle sal. Son só bandeiras dunha cor Dementes! Cara ó sol Presentes! Sesgar a imaxinación. Respostas de antemán. Se queres ben, senón aí vai. Se non che gusta botalle sal. Quero sentir o que quero e quero que ti non xulgues a terra que quero e quero que ti non axeonlles miña verba. Quero que ti non! Revivas antigos lumes, quero que ti non! Teño o sangue ardente por imbéciles que non comprenden que isto é inerte en confrontación. O pasado non é unha opción!! Son só bandeiras dunha cor Dementes! Cara ó sol Presentes!
6.
De cada quen de cada cal. Infecta poza onde gardar cada erro, cada paso atrás. E cando enche custa respirar Ela é quen manda, ela decidirá as túas ganas de cavilar Non hai control, nin marcha atrás. Nas súas mans vou estrelar. Onde todo empeza sempre foi a túa conciencia, onde túa vida manexa Onde todo empeza sempre foi a tua conciencia, onde o berce mexa. De cada quen de cada cal. Houbo quen tentou controlar. A dama negra faise esperar se con Morfeo non logro quedar. Miran, non ven, ela decidirá. Perdidas bágoas que inundan o chan. Na miña cama sempre está o lado forte da realidade.
7.
Morte 03:42
De quen son os xeitos de contar os feitos? E a quen pertence cada mirada? O sol que cega os nosos sentimentos é maquinado ou foi artificial? Quen foi quen fixo este ceo? Porque eu debo rectificar. Somos milleiros nun espazo deserto. Somos a raza que vai exterminar toda esperanza dun planeta perfecto. Somos raiba, somos morte. Claudicando tempo busco o meu reverso. Remexo tempos que eu non fun buscar. Eterno xeito de pechar os beizos. Rachar os ventos, santa tempestade. Quen foi quen fixo este ceo? Porque eu debo rectificar. Somos milleiros nun espazo deserto. Somos a raza que vai exterminar toda esperanza dun planeta perfecto. Somos raiba, somos morte
8.
Resurreción 03:09

about

"II" é o segundo traballo de Arrhythmia.
Gravado en Master Keys Estudios en 2016
Mezclado por Álvaro L. Barreiro e autoproducido por Arrhythmia

credits

released June 20, 2016

Arrhythmia somos:

Alberto Busto: Guitarras e voces
Alvaro L. Barreiro: Baterías e sintes
A. Maciñeiras (Maci): Baixos

license

all rights reserved

tags

about

Arrhythmia Lugo, Spain

contact / help

Contact Arrhythmia

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Arrhythmia, you may also like: