1. |
Orixe
01:44
|
|
||
2. |
Tan só notas
04:00
|
|
||
Limpádeme ben o chan, a música vai comezar
Vou aterrizar, quita de diante!!
Son como drogas intanxibles que caen do aire
Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante.
Non chega o mundo pra voar, subamos ó palco xa
tres golpes para despegar.
Non vou ser o que debín ser
Non vou ver o que queres ver
Mírame ben.
Vou acender, vai arder
Vou esquecer e percorrer
Vou vencer.
Son como drogas intanxibles que caen do aire
Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante.
Saltar! Berrar! Andar! Loitar!
Son como drogas , son como notas, son como drogas
Son tan só notas, burbullas de papel que estoupan diante.
|
||||
3. |
Mensaxe
04:13
|
|
||
Cuspe, berra, sarna con gusto presta
vivimos tebras, vivimos guerras, non te enteras!
Na TVG hai máis coplas que Sés,
ou non o ves? ou non o ves? .
Tonadilleras e nos seguimos nas trincheiras
quen se inventa Resistencias Galegas?
O meu avó, o teu avó berrando non, non, non!
Silencio é seu cómplice
saben ben quen parte
Lei de mordaza para quen?
saben ben, reparte
Que xa o sei, que non o ves, que non me entero inda que o teña diante
non quero ver! non quero ler! a túa mensaxe non é importante.
Sopa de letras, subliminal, enferma
plumas cargadas, balas de tinta nos rodean
axeonllar, só pra atar os pés.
Ou ti que cres?, ou ti que cres?
Cheira a merda, alguén deixou a porta aberta.
Non te enteras? Neno aquí apesta
O meu avó, o teu avó berrando non, non, non!
|
||||
4. |
Mil xeitos
04:26
|
|
||
Enfrío a ferro teño o demo dentro,
fría súor escorre ó meu redor,
inundo en ansia por líquido elemento,
ningúen nos dixo que isto ía a peor.
Sinto un burato roéndome por dentro,
non penso a xeito, xa sinto o olor.
Que vexan cegos este afundimento,
entrégome en corpo e alma á súa dor.
Como, como atopar mil xeitos de perder a cabeza
¡Non, non!
Vencer e naufragar, e xurar que mañán hei xurar.
Cando deixei eu de mandar,
cando perdin as ganas de soñar.
Cando esquecín? Canto esquecín?
para voltar ó principio eu fun ó fin.
Cando deixei eu de remar,
cando perdin as ganas de voar.
Cando esquecín, canto esquecín, canto esquecín?
Como, como atopar mil xeitos de perder a cabeza
¡Non, non!
Vencer e naufragar, e xurar que mañán hei xurar.
|
||||
5. |
|
|||
Xogadas en papel non!
Escritas de antemán
saben a mel, saben a mal.
Se non che gusta bótalle sal.
Son só bandeiras dunha cor
Dementes!
Cara ó sol
Presentes!
Sesgar a imaxinación.
Respostas de antemán.
Se queres ben, senón aí vai.
Se non che gusta botalle sal.
Quero sentir o que quero
e quero que ti non xulgues a terra que quero
e quero que ti non axeonlles miña verba.
Quero que ti non!
Revivas antigos lumes, quero que ti non!
Teño o sangue ardente por imbéciles que non comprenden
que isto é inerte en confrontación.
O pasado non é unha opción!!
Son só bandeiras dunha cor
Dementes!
Cara ó sol
Presentes!
|
||||
6. |
Onde Todo Empeza
03:26
|
|
||
De cada quen de cada cal.
Infecta poza onde gardar
cada erro, cada paso atrás.
E cando enche custa respirar
Ela é quen manda, ela decidirá
as túas ganas de cavilar
Non hai control, nin marcha atrás.
Nas súas mans vou estrelar.
Onde todo empeza sempre foi a túa conciencia,
onde túa vida manexa
Onde todo empeza sempre foi a tua conciencia,
onde o berce mexa.
De cada quen de cada cal.
Houbo quen tentou controlar.
A dama negra faise esperar
se con Morfeo non logro quedar.
Miran, non ven, ela decidirá.
Perdidas bágoas que inundan o chan.
Na miña cama sempre está
o lado forte da realidade.
|
||||
7. |
Morte
03:42
|
|
||
De quen son os xeitos de contar os feitos?
E a quen pertence cada mirada?
O sol que cega os nosos sentimentos
é maquinado ou foi artificial?
Quen foi quen fixo este ceo?
Porque eu debo rectificar.
Somos milleiros nun espazo deserto.
Somos a raza que vai exterminar
toda esperanza dun planeta perfecto.
Somos raiba, somos morte.
Claudicando tempo busco o meu reverso.
Remexo tempos que eu non fun buscar.
Eterno xeito de pechar os beizos.
Rachar os ventos, santa tempestade.
Quen foi quen fixo este ceo?
Porque eu debo rectificar.
Somos milleiros nun espazo deserto.
Somos a raza que vai exterminar
toda esperanza dun planeta perfecto.
Somos raiba, somos morte
|
||||
8. |
Resurreción
03:09
|
|
Streaming and Download help
If you like Arrhythmia, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp